O ATENEO VIKINGO NO COLEXIO GALEN DE LUGO
Xoves, 27 Novembro 2008 09:33
administrador
A nosa Asociación Cultural ven de participar o día 7 de marzo, nunha charla-coloquio no Centro de Educación Galén, de Lugo (Ver fotos na galería). Este colexio mantén un intercambio co Instituto Skive, de Dinamarca, e nesta ocasión un grupo de rapaces dinamarqueses pasaron unha semana gozando das súas instalacións e compartindo con outros mozos de Lugo as inquedanzas, tanto persoais como culturais. |A nosa implicación nos eventos programados polos mestres do Centro, constou dunha charla-coloquio diante dos rapaces de ámbolos dous pobos, ceñíndonos na constancia das invasións dos tempos medievais. Fíxose unha detallada exposición de cómo e porqué escomezou a Romaría Vikinga de Catoira, o irmanamento que mantén o noso concello co de Frederiksun, a importancia da romaría, tanto na vila coma en toda Galicia, a construcción do drakar, fiel reproducción dunha nao vikinga, o ensalzamento do espírito do primeiro desembarco celebrado na Romaría (1968) coa recuperación e adaptación do galeón "Ursulá", o significado dos cornos nos nosos cascos, as representacións teatrais, etc... En resumo, todo, pero mantendo o segredo do motivo do berro "Ursulá". Os mestres pretendían que os mozos levaran a idea dunha España na que non só hai touros e sol, senón que existe unha cultura moi arraigada. E aboafé que a levaron
OBXECTIVO CUMPRIDO
Xoves, 27 Novembro 2008 09:31
administrador
Xa están na rúa as primeiras 100 edicións da "XANELA ABERTA". O sábado día 16 celebrarémolo en Honesti con tódalas da lei. Logo, e sen máis esperas, o Ateneo Vikingo comezará a andadura das 100 seguintes
LAST_UPDATED2