Ateneo Vikingo

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Noticias
Noticias - Ateneo Vikingo

Obxectivo Lecer

Correo-e Imprimir PDF
Durante os meses de Xaneiro e ata Maio de 2010, ámbolos dous inclusive, en cadanseu dos números da Xanela Aberta, aparecerán 5 preguntas a xeito de test, con 5 opcións de resposta cada unha, relacionadas coa historia da publicación (total 25 preguntas). O Día do Ateneo en Honesti (3º sábado de Xullo/2010) realizaráse un sorteo entre tódolos acertantes, do que sairán dous gañadores dunha fin de semana cada un, para dúas persoas na Casa de Turismo Rural Os Migueliños de Catoira e outra na Casa de Turismo Rural A Buzaca, de Moraña. Para participar podese descargar o formulario dende aqui. Para consultar as bases tamen as podes topar aqui
LAST_UPDATED2
 

O ATENEO VIKINGO NO COLEXIO GALEN DE LUGO

Correo-e Imprimir PDF
A nosa Asociación Cultural ven de participar o día 7 de marzo, nunha charla-coloquio no Centro de Educación Galén, de Lugo (Ver fotos na galería). Este colexio mantén un intercambio co Instituto Skive, de Dinamarca, e nesta ocasión un grupo de rapaces dinamarqueses pasaron unha semana gozando das súas instalacións e compartindo con outros mozos de Lugo as inquedanzas, tanto persoais como culturais.  |A nosa implicación nos eventos programados polos mestres do Centro, constou dunha charla-coloquio diante dos rapaces de ámbolos dous pobos, ceñíndonos na constancia das invasións dos tempos medievais. Fíxose unha detallada exposición de cómo e porqué escomezou a Romaría Vikinga de Catoira, o irmanamento que mantén o noso concello co de Frederiksun, a importancia da romaría, tanto na vila coma en toda Galicia, a construcción do drakar, fiel reproducción dunha nao vikinga, o ensalzamento do espírito do primeiro desembarco celebrado na Romaría (1968) coa recuperación e adaptación do galeón "Ursulá", o significado dos cornos nos nosos cascos, as representacións teatrais, etc... En resumo, todo, pero mantendo o segredo do motivo do berro "Ursulá". Os mestres pretendían que os mozos levaran a idea dunha España na que non só hai touros e sol, senón que existe unha cultura moi arraigada. E aboafé que a levaron
 

O "URSULÁ" PARTICIPA DA I CONCENTRACIÓN DE BARCOS HISTÓRICOS DE VILAXOAN

Correo-e Imprimir PDF
O Ateneo vikingo foi convidado a participar na I CONCENTRACIÓN DE BARCOS HISTÓRICOS DA RÍA DE AROUSA, celebrada en Vilaxoán o pasado día 3 de setembro, obtendo como resultado converterse na atracción estelar, e por certo que os organizadores acadaron un moi considerable número de embarcacións. Un total de 16 homes formaron a tripulación, todos vestidos de wiquingos, causando unha espectante sensación no público que agardaba a chegada do galeón abarrotando o peirao e aledaños.
 

SEMANA VIKINGA

Correo-e Imprimir PDF
Xa estamos na semana vikinga, na edición nº 45 da Romaría Vikinga. Tódalas noites a iso das dez e media comeza nas Torres a representación da obra de teatro "Os Dez Normandos" escrita e dirixida por Ismael Sobrino e interpretada por as xentes da vila. Serve de aperitivo para o día grande, o domingo 7, en que o 38 desembarco, será sen dúbida o máis espectacular de toda a historia, no que participarán o drakkar, o Galeón Ursulá e unha nave chegada dende Irlanda para a ocasión. As Torres veránse ateigadas de vikingos coma nunca, que en número andarán preto dos cento e medio.
 

OBXECTIVO CUMPRIDO

Correo-e Imprimir PDF
Xa están na rúa as primeiras 100 edicións da "XANELA ABERTA". O sábado día 16 celebrarémolo en Honesti con tódalas da lei. Logo, e sen máis esperas, o Ateneo Vikingo comezará a andadura das 100 seguintes
LAST_UPDATED2
 


JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL