RECOÑECEMENTO "100 XANELAS"
Xoves, 27 Novembro 2008 09:29
administrador
Nas veiras da "Xanela Aberta" número 100, é un orgullo expresar o máis profundo recoñecemento e sincero agradecemento a todos aqueles que dun xeito ou de outro, participaron na edición e distribución da Xanela Aberta ao longo de todos estes anos, ben aportando artigos, dispoñendo dos propios locais para espallar por todo o pobo cadanseu dos números ou regalando unha morea de horas para o reparto por toda a vila |Por comezar como é debido, merece mención especial o xenial "artista" Julio López Suárez quen tallou a sutileza dos mascaróns que engalanan o noso galeón "Ursulá", o de proa primeiro, e arestora rematou o de popa (A mesma man creadora daquel que adornara ao "Pepito", alá polo 1968). E como é de lei, participamos a nosa gratitude aos estabalecementos que colaborades connosco na distribución da “Xanela Aberta”, convidándovos a todos e cada un de vós a que segades participando da nosa lideira: Concello, Biblioteca, Centro de Saúde, Colexio O Progreso, Casa Emilio, Bar de Rañó, Perruquería Boneca, Pub Calandra, Perruquería Luis, Frutería Carmiña, Lotería Mila, Cafetería Galería, Cafetería Stylo, Ultrarmarinos Maruja, Estanco Manteiga, Mesón A Rúa, Catoira 100, Bar As Torres, Super Claudio, Centro Comercial Catoira, Perruquería Puri, Taberna Vikinga, Farmacia Rosario, Bar O Rancho, Bar Baltasar, Bar Gento, Bar Bouzón, Restaurante A Pedra, Asador Donostia, Bar O Canguro, Ferrokey, Ferraxería Sobrino, Farmacia Nando Casal, Bar Mondragón, o Alquiler de Dimo, Bar Camilo, Bar Luis de Coaxe, Mercería Marisa, Bar Oasis, Librería Euroeste, Super José María, Bar Luis Santabaia, Casa Fariña, Bar Chispa, Disco-pub O Garaxe. Asemade, e na función de presidente do Ateneo Vikingo, quero expresar o meu máis afable recoñecemento ás persoas que dispuxeron o seu cóbado ao carón do meu, para que a nosa modesta publicación, primeiro se enchera de artigos e xa que logo chegara a tódolos fogares: Enrique García, Pepe Castaño, Manuel Laya, Máximo Sar, Xesús Santos, Mercedes Arriaga, Alicia López, Fernández de la Gigoña, Moncho Bouzón, Manolo Suárez, Mila Scaloni, Abraham Lorenzo, Miguel "Beatris", Tino Coira, Pilar Prado, Nando Rial, Héctor Lorenzo, Iván Prado e Juanjo López. Se continuades, isto medrará